Tuesday 21 de May de 2024

Adíase o Cociñando nas prazas do luns por mor do mal tempo


A mala previsión meteorolóxica para este luns 21, festivo local, fixo que dende o Concello da Pobra do
Caramiñal tomasen a decisión de adia-la actividade Cociñando nas prazas con Kike Piñeiro e Eloy Cancela (A Horta do Obradoiro), consistente nun showcooking e o posterior repartimento de tapas polos establecementos hostaleiros.
En total, estaba prevista a distribución de 920 petiscos, elaborados con produto local, nas propias mesas das terrazas dos locais inscritos (unha vintena na contorna de diversos espazos: praza Victoriano García Martí, praza de Maura, paseo dos Areos, praza Paulino Santos Mieites e praza Valle-Inclán) para que a
degustación fose controlada.
A nova data na cal terá lugar esta cita aínda está por determinar ao depender da climatoloxía.